InicioSucesosDetido un mozo por agredir sexualmente a unha nena de 14 anos...

Detido un mozo por agredir sexualmente a unha nena de 14 anos en Florida, provocándolle unha crise nerviosa

Dúas mozas fuxidas dun centro de menores, que foron reingresadas, estaban na casa do mozo no momento da detención

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade de 23 anos de idade como presunto autor dun delito de agresión sexual a unha menor.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación dos feitos iniciouse o pasado 8 de xaneiro, por mor da denuncia presentada pola nai da nena (que ten 14 anos de idade). Ese día, a última hora de tarde, a súa filla saíu o portal da súa casa na Avenida da Florida para facer unhas compras e un individuo abordouna, agarrándoa fortemente por un brazo, e obrigándoa a ir á parte de atrás dun edificio próximo.

Unha vez alí, e baixo ameazas, tendo á nena atemorizada, fíxolle tocamentos en partes íntimas. Cando o mozo se foi, a menor quedou en estado de ‘shock’, paralizada e sen reaccionar durante uns minutos, e sentada nun banco.

Cando logrou sobreporse e volver á súa casa, foi necesaria a intervención dos servizos sanitarios de urxencia, que a atenderon por unha crise nerviosa.

Os pais presentaron denuncia e o grupo UFAM da Comisaría de Vigo puxo en marcha a investigación, que concluíu coa identificación e detención do presunto autor da agresión, que tivo lugar este luns.

Unha vez trasladado a Comisaría, a Policía comprobou que ao detido cónstanlle dez arrestos anteriores, algúns deles por feitos violentos. O home e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de garda de Vigo.

Así mesmo, a Policía Nacional informou de que, no momento do arresto, dúas mozas fuxidas dun centro de menores permanecían no domicilio do presunto autor dos feitos e, tras coñecer a situación, ambas foron reintegradas.

Ademais, os axentes investigan se o presunto agresor está relacionado con outros feitos similares ocorridos recentemente.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...