A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou este venres en Vigo nun encontro con militantes e afiliados do partido, no que defendeu o proxecto de Alberto Núñez Feijóo e dos “populares” para o “cambio político necesario en España”.
No acto, no que tamén participaron, entre outros, o candidato por Pontevedra, Julio García Comesaña, e os presidentes provincial e local do PP, Luis López e Luisa Sánchez, Álvarez de Toledo trasladou as súas impresións sobre o panorama político español e, xunto cos candidatos, reclamou o “voto útil” dos vigueses para contribuír a unha “victoria contundente” do PP nas eleccións do 29 de novembro.
No encontro, celebrado no Tinglado do Porto olívico, participaron tamén Irene Garrido (número 4 na lista da provincia ao Congreso) e as candidatas ao Senado, Mónica Domínguez e Montse Otero.
