InicioSucesosO cidadán "exemplar" de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro de Vigo, e que foron devoltos ao seu propietario tras unha investigación para identificalo. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado 2 de outubro, cando un cidadán se presentou na Oficina de Denuncias da Comisaría para entregar 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro automático, no que ía realizar unha operación bancaria.

Os axentes, ante a imposibilidade de identificar nese momento a persoa titular do diñeiro, e dado que o caixeiro pertencía a unha empresa que presta servizo a un total de 16 entidades bancarias diferentes, iniciaron as xestións oportunas para tratar de localizar o seu propietario.  A investigación foi asumida polo Grupo Operativo de Policía Xudicial de Traviesas, que recolleu información sobre a extracción realizada e levou a cabo diversas comprobacións para esclarecer a procedencia do efectivo atopado.

Grazas ás xestións realizadas, logrouse identificar a persoa que fixera o reintegro, e determinouse que abandonara o caixeiro ao crer que a operación fora rexeitada. Porén, a retirada si chegou a completarse e o importe foi cargado na súa conta bancaria, feito do que non se decatara. Unha vez verificadas todas as circunstancias e acreditada a titularidade do efectivo, os investigadores procederon á devolución dos 400 euros ao seu lexítimo propietario.

A Policía Nacional puxo en valor a “actitude exemplar e o exercicio de responsabilidade” amosados polo cidadán que fixo entrega do diñeiro atopado, unha actuación que resultou fundamental para que o efectivo puidese ser recuperado polo seu dono.

Así mesmo, fixo unha serie de recomendacións para evitar que algo así ocorra ao ir sacar diñeiro dun caixeiro: comprobar sempre que a operación rematou antes de abandonar o lugar, revisar o recibo e os movementos da conta (especialmente cando haxa algunha incidencia), entregar á entidade bancaria ou á Policía calquera efecto esquecido nun caixeiro, diñeiro ou tarxetas, e comunicar á entidade calquera movemento sospeitoso nas contas.

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...