A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos condenados na causa do narcosubmarino interceptado en novembro de 2019 na ría de Aldán, en Cangas, con 3.000 quilos de cocaína.
Todo isto, para facer fronte a dúas multas de 25 millóns de euros que lle foron impostas polo Tribunal Supremo por prestar colaboración desde terra aos tres tripulantes do semisubmarino. A vivenda, segundo recolle o edicto de poxa xudicial, sae a poxa cun valor de 60.000 euros, é a residencia habitual do condenado e está situada na Terceira Travesía de Guixar, en Vigo.
Deste xeito, a poxa comezou na tarde deste martes e concluirá o 7 de decembro. A puxa mínima está fixada en 12.000 euros.
