InicioPolíticaO Pleno de Vigo aproba os orzamentos de 2027 coa oposición de...

O Pleno de Vigo aproba os orzamentos de 2027 coa oposición de PPdeG e BNG

PP E BNG critican o "ilusionismo" e as "aparencias" de Caballero e o PSOE eloxia a "obra política inigualable" do alcalde

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Pleno do Concello de Vigo deu este luns o visto e prace á aprobación inicial do proxecto de orzamentos municipais para o exercicio de 2027, unhas contas que ascenderán a 365 millóns de euros e que prevén conxelar as taxas municipais. O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, defendeu os novos orzamentos, que inclúen investimentos por case 40 millóns de euros, aos que o goberno local engade os remanentes de 2025 e 2026 que están en execución, e sinalou que se trata dun orzamento “equilibrado” e “viable”.

Así, foi enumerando as dotacións previstas nas contas municipais do vindeiro ano, como os 5 millóns destinados a programas de emprego, os case 30 millóns que irán a políticas sociais ou os investimentos previstos en vivenda, malia ser unha “competencia exclusiva” da Xunta de Galicia. Aneiros explicou tamén que, no próximo exercicio, se conxelan as taxas municipais, o que supón que o Concello deixará de ingresar uns 14 millóns de euros, aos que se suman os 10 millóns de aforro da cidadanía polas bonificacións fiscais.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

Tanto o PP como o BNG votaron en contra do proxecto de orzamentos, ao entenderen que non foron deseñados para atender as necesidades reais dos vigueses, e lembrando que este goberno municipal é “incapaz” de executar os investimentos que anuncia en cada exercicio.

Así, a concelleira “popular” Patricia García censurou o “ilusionismo orzamentario” do goberno de Abel Caballero, e lembrou que, nos últimos anos, non chegou nin á metade da execución das contas en cada exercicio. Así mesmo, sinalou que o goberno local leva tres anos subindo as taxas municipais e que tivo que devolver millóns de euros de axudas europeas por non executar a tempo os proxectos.

Pola súa banda, o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, volveu criticar a “xordeira autoritaria” do goberno local na elaboración das contas e insistiu en que este orzamento é “o de sempre, máis IPC”. Pérez Igrexas puntualizou que, aínda que o Concello non teña débedas co banco, si as ten coa cidadanía, con 150 millóns de euros sen executar en 2025 e uns 170 millóns previstos do exercicio actual, xa que “insisten nas políticas das aparencias”.

RECOÑECEMENTO AO ALCALDE POR “UNHA OBRA POLÍTICA INIGUALABLE”

Na súa intervención, o portavoz do grupo socialista, Carlos López Font, ademais de defender os orzamentos presentados polo goberno local, fixo fincapé en que se trata dos vixésimos orzamentos aprobados de forma consecutiva en Vigo, que “redondean unha obra política inigualable, histórica”. Ao respecto, proclamou que o pleno deste luns supón para o seu grupo “un recoñecemento ao alcalde polos seus 20 anos de traballo intenso, día a día, en defensa da cidade, e por riba do seu propio partido”. López Font lembrou a importancia de aprobar estas contas despois de “escoitar toda a cidade” e tras constatar que “antes de Abel Caballero, en Vigo a inestabilidade era absoluta”.

Fronte a isto, reprochou aos grupos da oposición que presentasen unhas emendas que non son viables e que pretendan reducir a achega a eventos como o Nadal ou o festival O Marisquiño, e proclamou que “é imposible” que PP e BNG obteñan a confianza dos vigueses para gobernar a cidade, e que seguirán na “marginalidade política”.

cidade, e seguirán na “marxinalidade política”.

ÚLTIMAS

A acampada de Vigo inicia o seu desmonte con concentracións para pedir vivenda para dez persoas sen fogar

A acampada pola vivenda de Vigo iniciou este domingo o proceso de desmonte do...

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...