InicioSucesosIdentificado un motorista sen carné que deu positivo o alcol tras atropelar...

Identificado un motorista sen carné que deu positivo o alcol tras atropelar a dous peóns

Os feitos sucederon o pasado xoves na rúa Isaac Peral. Unha muller resultou ferida leve.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo iniciou dilixencias xudiciais contra o condutor dunha motocicleta que atropelou a dous peóns o pasado xoves, ao que se lle imputan dous supostos delitos contra a seguridade viaria: un por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas e outro porque o facía sen permiso de circulación, co agravante de atropelo.

Os feitos producíronse o pasado xoves ás 20,45 horas na rúa Isaac Peral. No atropelo, que tivo lugar nun paso de peóns, víronse implicados dous peóns e o motorista, de 47 anos de idade, agora investigado. Neste accidente unha muller de 18 anos de idade resultou ferida leve.

No momento da identificación do condutor da motocicleta, os policías verificaron que o home presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas. Por este motivo, realizóuselle unha proba preceptiva de determinación do grao de impregnación alcohólica, que arroxou un resultado positivo de 0,90 mg/l de alcol por litro de aire expirado en ambos os tests.

Ademais, como agravante, ao consultar os seus datos, os axentes comprobaron que carecía de permiso de conducir.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...