InicioSociedadeDisney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e "única":...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

Abel Caballero anuncia que a plataforma instalará na rúa Policarpo Sanz un percorrido de luz e tecnoloxía que poderá visitarse durante todas as festas. A iniciativa sumarase ao gran desfile que Disney+ organizará o 14 de novembro pola rúa García Barbón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz unha experiencia inmersiva completamente gratuíta, “única e exclusiva”, que estará dispoñible durante todas as festas de Nadal. Nun audio remitido aos medios de comunicación, o rexedor explicou que esta nova proposta se sumará ao gran desfile que a compañía organizará o próximo 14 de novembro pola rúa García Barbón, ampliando así a presenza da plataforma na programación do Nadal vigués. A instalación, pensada tanto para nenos como para adultos, ofrecerá un percorrido de luz e tecnoloxía que permitirá aos visitantes afondar no universo Disney+, convertendo un dos espazos máis céntricos da cidade nunha nova atracción destas festas.

A experiencia levará por nome “Dentro de Disney+” e, segundo destacou Caballero, “transformará un dos espazos máis emblemáticos do centro de Vigo”, que se converterá nunha “porta de entrada” ao universo Disney. O alcalde explicou que a proposta estará dispoñible durante todo o período do Nadal e que foi concibida “para sorprender, para ser fotografada, para compartir e, sobre todo, para vivir”, de maneira que os visitantes non se limiten a observar a instalación, senón que poidan percorrer o espazo e participar na experiencia inmersiva.

Caballero salientou tamén que o acceso será completamente gratuíto e animou tanto os vigueses como os turistas que visiten a cidade durante as festas a achegarse ata a rúa Policarpo Sanz para descubrir o que agocha esta nova proposta de Disney+. “Non só se contempla, recórrese e vívese”, sentenciou o alcalde, que presentou a iniciativa como unha nova experiencia para gozar do Nadal en Vigo.

ÚLTIMAS

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...