InicioSucesosUn vigués pode ser multado con 2.404 euros por deixar o can...

Un vigués pode ser multado con 2.404 euros por deixar o can solto e sen boceira pola rúa Pizarro

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a un veciño da cidade, como propietario dun can "de raza potencialmente perigosa", e que se atopaba solto e sen boceira na vía pública.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a un veciño da cidade como propietario dun can “de raza potencialmente perigosa”, e que se atopaba solto e sen boceira na vía pública, o que supón unha infracción.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar a última hora da tarde do mércores, cando o 092 recibiu un aviso sobre a presenza dun “can de raza potencialmente perigosa”, solto e sen boceira, na rúa Pizarro.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron a existencia do animal e constataron que era un can de raza America Staffordshire terrier.

Tras identificar ao seu propietario, propúxoselle para sanción e, segundo informaron fontes policiais, esa infracción leva aparelladas multas que poden chegar ata os 2.404,05 euros.

ÚLTIMAS

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...