InicioEconomíaA empresa aeroespacial Kreios Space duplicará o seu persoal en Nigrán con...

A empresa aeroespacial Kreios Space duplicará o seu persoal en Nigrán con medio centenar de contratacións

Busca talento nun proceso de selección aberto en áreas como enxeñaría, recursos humanos e mercadotecnia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa aeroespacial Kreios Space duplicará o seu cadro de persoal en Nigrán cun total de 50 contratacións nos vindeiros seis meses. A firma galega está especializada no desenvolvemento de satélites para operar nas órbitas máis próximas á Terra.

Nun comunicado, a compañía explica que está ampliando as súas instalacións en Nigrán para medrar nun horizonte de novas misións e expansión internacional.  Así, a compañía busca talento en enxeñaría, recursos humanos, comercial, desenvolvemento de negocio e márketing, con oportunidades para desenvolver unha carreira no sector espacial desde Nigrán.

“Estamos a construír algo que non se fixo antes, e para conseguilo precisamos persoas extraordinarias. Buscamos talento con ambición, rigor e ansia de excelencia; persoas que queiran superar límites, asumir grandes retos e deixar a súa pegada nunha nova etapa da industria espacial”, afirma o CEO de Kreios Space, Adrián Senar.

A compañía ofrece condicións flexibles en función do posto e do perfil, un contorno de traballo internacional e plans de carreira ambiciosos. A súa proposta combina a participación en novos proxectos e misións espaciais con oportunidades de desenvolvemento profesional desde Galicia. Os procesos de selección xa están abertos, con fases específicas para cada posición. As persoas interesadas poden presentar a súa candidatura a través de www.kreiosspace.com ou contactar co equipo de selección en careers@kreiosspace.com.r co equipo de selección en careers@kreiosspace.com.

ÚLTIMAS

Vigo defende e loita pola súa sanidade pública

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo para esixir a "reconstrución"...

A Xunta concerta un programa terapéutico para menores vulnerables en Vigo por 230.000 euros

A Consellería de Política Social e Igualdade convocou un concerto social, dotado cun máximo...

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...