InicioSucesosA Garda Civil intercepta nun control en Tomiño 800 euros e 23...

A Garda Civil intercepta nun control en Tomiño 800 euros e 23 doses de cocaína e detén aos dous implicados

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil vén de deter a dous veciños de Tomiño (Pontevedra) por tráfico de drogas tras ser interceptados nun control de estrada con algo máis dunha vintena de doses de cocaína dispostas para a venda e máis de 800 euros en efectivo.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon o pasado martes no transcurso dun control de vehículos establecido por efectivos dos Postos da Garda Civil da Guarda, Tomiño e Tui e o Destacamento de Tráfico do Porriño, no quilómetro 60 da estrada PO-552, á altura da localidade de Amorín, no termo municipal de Tomiño.

“A actitude sospeitosa do condutor dun dos vehículos interceptados no dispositivo propiciou que os integrantes do control realizasen unha minuciosa inspección e rexistro do turismo e os seus dous ocupantes”, sinalou a Benemérita.

No rexistro que se lle efectuou ao acompañante, a Garda Civil interveu 20 doses de cocaína (a maior parte levábaa oculta na súa roupa interior), e 885 euros en efectivo. Ao condutor, que dixo ser o propietario da droga que levaba o seu compañeiro, lle foron tamén encautadas outras tres doses de cocaína.

A tenencia da droga, aparentemente disposta para a súa venda, determinou a inmediata detención do condutor, identificado como M. G. B., de 39 anos, e do acompañante, G. S. G., de 41 anos, ambos os veciños de Tomiño, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes.

Ao condutor instruíronselle tamén dilixencias penais por un delito contra a seguridade viaria, por carecer do correspondente permiso de condución. Estas detencións forman parte do plan de actuacións que desenvolve a Garda Civil na provincia de Pontevedra para erradicar a venda e distribución de estupefacientes a pequena escala.

Os dous detidos, xunto coa droga incautada e o diñeiro intervido, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Tui, que decretou para ambos os liberdade provisional con cargos.

O vehículo foi intervido e depositado preventivamente nas dependencias da Policía Local de Tui a disposición da autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...