InicioSucesosTrasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de fume nun incendio nun piso na avenida de Balaídos de Vigo. Tal e como indicou o 112 Galicia, foi un particular quen deu aviso do lume, pouco antes das 14.00 horas deste sábado. Segundo explicaba, prendera o aceite dunha tixola, aínda que xa o tiñan case apagado. Con todo, inhalaran algo de fume.

Ao lugar desprazáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo e da Policía Nacional. Á súa chegada, a dotación de bombeiros indicou que o lume xa fora case sufocado polos ocupantes da vivenda, de maneira que ardeu a campá extractora e quedaron afectados os mobles máis próximos.  Finalmente, foi necesario trasladar dúas persoas ao hospital de referencia tras inhalaren fume durante o incidente.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...