InicioSociedadeUn neno guineano será atendido no Álvaro Cunqueiro grazas a un proxecto...

Un neno guineano será atendido no Álvaro Cunqueiro grazas a un proxecto solidario

Acompañarao Fátimatou, que será intervida na Coruña grazas ao acordo de colaboración que ten a Fundación Tierra de Hombres con estes centros sanitarios. Durante este tempo, vivirán cunha familia de acollida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alkaly e Fátimatou, dous nenos procedentes de Guinea, serán atendidos en Galicia a través do programa ‘Viaxa cara á Vida’, da Fundación Tierra de Hombres. Concretamente, Alkaly será trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro para ser intervido, segundo informou a organización.

Isto é posible grazas ao acordo de colaboración que mantén a fundación con este centro sanitario na cidade viguesa. Acompañaralle nesta viaxe, Fátimatou, de nove anos, afectada dunha grave cardiopatía conxénita, á que esperan no Hospital Universitario Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña. Neste caso, o acordo de colaboración xa existe dende hai uns 20 anos.

Ambos menores vivirán cunha familia de acollida seleccionada pola fundación mentres permanezan en España para a operación e posterior recuperación. Os nenos farán escala no aeroporto de Madrid, onde estarán atendidos polo voluntariado de Tierra de Hombres.

O programa ‘Viaxe cara á Vida’ facilita desde 1995 o traslado a España de nenos e nenas procedentes de países africanos cun baixo índice de desenvolvemento, para ser intervidos de diferentes e graves patoloxías, por carecer nos seus países de orixe das infraestruturas sanitarias especializadas e dos recursos necesarios para o seu tratamento.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...