- Advertisement -
Tres persoas resultaron feridas na mañá deste luns despois de estoupar unha botella de cristal nunha empresa de O Porriño, segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia.
O accidente laboral tivo lugar algo antes das 10.00 horas no polígono da Granxa, e tres persoas resultaron feridas, aínda que non transcenderon máis detalles do incidente. Fontes de Emerxencias explicaron que, das tres persoas afectadas, unha trasladouse por seus propios medios a un centro sanitario, mentres que outras dúas foron evacuadas en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
