InicioCulturaO Laxeiro máis abstracto chega a Vigo nunha mostra con máis de...

O Laxeiro máis abstracto chega a Vigo nunha mostra con máis de 30 obras

A Fundación Laxeiro acolle ata o 6 de decembro "O difuso e o concreto", un percorrido por pinturas, debuxos e gravados que exploran os vínculos do artista coa abstracción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede da Fundación Laxeiro en Vigo acolle desde este mércores e ata o 6 de decembro a exposición “O difuso e o concreto. Unha aproximación á abstracción na obra de Laxeiro”, unha selección de máis de 30 pinturas, debuxos e gravados nos que o artista utilizou recursos expresivos propios da abstracción.

Eugenio Granell, Maruja Mallo, Luís Seoane e Laxeiro foron autores que, dunha maneira ou doutra, se achegaron aos códigos da abstracción, pero ningún deles cun obxectivo programático de militancia estética, senón como unha deriva natural da procura da súa evolución individual. A abstracción na pintura de Laxeiro progresa, polo menos, a través de catro camiños diferentes, que esta exposición pretende mostrar.

Así, na mostra poderán verse catro debuxos realizados en follas de caderno en 1950, un ano antes da súa partida a Buenos Aires. A partir dese momento, pódese rastrexar a evolución desta primeira conexión coa abstracción noutras obras, tamén sobre papel, pero de maior tamaño, datadas xa nos primeiros anos oitenta. Esta continuidade temporal tan dilatada deixa constancia da importancia desta liña de traballo, a medio camiño entre a abstracción e o surrealismo, no pensamento de Laxeiro.

Esta tendencia xeométrica persiste ao longo de toda a súa traxectoria, con variacións significativas relacionadas cos intereses narrativos e plásticos do pintor en cada etapa da súa dilatada carreira. Así, é evidente o interese do artista polas achegas do cubismo e doutras escolas da pintura xeométrica.

ÚLTIMAS

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Vigo homenaxeará a Baena e Sánchez-Bravo, últimos fusilados polo franquismo: “Despois de décadas de loita, imos vendo a luz”

O Concello de Vigo homenaxeará a Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo, dous...

A UVigo levará a ciencia á rúa cunha cita rápida entre investigadores e un foro sobre os incendios

A Universidade de Vigo quere sacar a ciencia dos laboratorios e levala á rúa...

Caballero insiste en que Concello e Zona Franca fan máis vivenda en Vigo que a programada pola Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a visita realizada polo presidente...