InicioDeportesA Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

A resolución publicada no DOG afecta terreos de monte comunal da parroquia de Pereiras e permite avanzar na primeira etapa da Factoría do Deporte Galego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes pola que se acorda a aprobación definitiva do proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución da etapa 1 do proxecto de interese autonómico Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360, no Concello de Mos.

Esta aprobación definitiva implica a declaración de urxencia da ocupación destes bens, que inclúen unhas 14,8 hectáreas de monte comunal da parroquia de Pereiras, en Mos. “En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (LEF), sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do xustiprezo”, engade o DOG.

ÚLTIMAS

Vigo reclama unha AP-9 pública, galega e sen peaxes e pide anular a última prórroga da concesión

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG na...

O Goberno vigués insiste en que Xunta e Deputación tamén axuden a financiar voos en Peinador

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns, por oitava vez no que...

O Goberno defende baixar a velocidade na A-55 pola alta siniestralidade: “A todos nos debería parecer ben”

O subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Abel Losada, xustificou este luns as...

Detido un conductor tras morrer outro nunha suposta pelexa por un accidente de tráfico na A-55, en Mos

Un home, de 52 anos de idade e nacionalidade portuguesa, perdeu a vida na...