InicioSucesosTres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Unidade Fénix de drons detectou dúas actuacións irregulares nas praias da Buraca e dos Ríos de Fóra durante os controis realizados nos últimos días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades na captura de polbo e na extracción de bivalvos, no marco das actuacións de inspección e control que realiza periodicamente a Unidade Fénix de drons. Así, o pasado 20 de setembro pola mañá, os axentes detectaron na praia da Buraca, preto de Cabo Estai, a presenza de dous mergulladores que estaban a capturar polbo.

Os policías interceptáronos e identificáronos como D. R. L. C., de Vigo e 39 anos, e P. C. R., tamén de Vigo, de 35 anos. Tras revisar a súa documentación, comprobaron que ambos dispoñen de licenza de pesca e de actividade subacuática e marítima de recreo submarina, en vigor. Porén, ao comprobar o peso dos polbos capturados, resultou ser inferior ao permitido, polo que as capturas foron intervidas e entregadas a un comedor social.

Doutra banda, o pasado 21 de setembro, a Policía Local sorprendeu na praia dos Ríos de Fóra, na antiga ETEA, en Teis, un home de 61 anos, J. M. C. C., cando estaba a extraer bivalvos no areal. Así, durante un dos voos dos drons, detectouse a presenza dun varón que levaba un bañador de cor azul, realizando movementos sospeitosos e anormais, incompatibles coas actividades de bañista.

En concreto, removía de maneira constante a area nunha zona onde a auga cubría o areal e introducía diversos obxectos nos petos do bañador, mentres permanecía dentro da auga, manobra que realizaba coa evidente intención de pasar desapercibido ante o resto de usuarios da praia. Despois saía da auga e, de forma disimulada, ocultaba as capturas. Os axentes abordárono e identificárono, e atoparon o marisco que extraera ilegalmente, case 6 quilos de bivalvos. Os bivalvos foron devoltos ao mar.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...