InicioPolíticaDenuncian que só cinco persoas manteñen 135 parques infantís, 45 áreas biosaudables...

Denuncian que só cinco persoas manteñen 135 parques infantís, 45 áreas biosaudables e máis de 2.000 bancos en Vigo

Marea de Vigo acusa ao Concello de non non ser consciente "nin das necesidades, nin da degradación rápida de todos os materiais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo alertou este martes da “escaseza” de persoal no servizo de mantemento e conservación das áreas infantís, biosaludables, deportivas e mobiliario urbano do Concello, que só conta con “catro persoas” pese ao “gran incremento” destas infraestruturas na cidade.

“Soamente hai catro persoas (catro de persoal operario máis un encargado) para os 135 parques infantís, 45 áreas biosaudables, dúas áreas ximnásticas e os máis de 2.000 bancos que figuraban no prego técnico no momento da licitación”, sosteñen desde Marea de Vigo.

“A isto agora súmanse novos parques infantís como os da rúa Aragón, Redomeira, Teixugueiras, Pizarro, Independencia, Venezuela… do mesmo xeito que aumentan en 3.054 metros cadrados as áreas biosaudables en múltiples lugares”, engaden desde o grupo municipal.

“O Concello, que xa modificou en dúas ocasións o contrato con Ferrovial aumentando os importes económicos pero sen esixir máis persoal para o servizo, non é consciente nin das necesidades, nin da degradación rápida de todos os materiais se non ten un mantemento preventivo e acorde ao número de instalacións que existen na actualidade”, destacou Rubén Pérez, portavoz do grupo municipal de Marea de Vigo.

Rubén Pérez e Xosé Lois Jácome, portavoces de Marea de Vigo/ Miguel Núñez

Rubén Pérez sostivo que o executivo municipal mostra “un absoluto deixamento no control das concesionarias públicas e, en definitiva, na propia responsabilidade con respecto á seguridade das viguesas e vigueses que fan uso destas instalacións municipais”.

Segundo trasladou Marea de Vigo, os delegados sindicais da concesionaria levan meses intentando que o Goberno local os reciba para explicarlle “a imposibilidade de que catro persoas manteñan todo ese parque crecente”.

Marea de Vigo recordou que na adxudicación a Ferrovial “primaron criterios estritamente económicos” e que “unha vez máis” queda “demostrado” que o criterio de ser a oferta máis barata “non pode ser o determinante” para os procesos de contratación de servizos públicos.

“Estas empresas empregan un criterio de recortes máis que evidente en materia de recursos materiais e humano, estes últimos aínda máis patentes cando chegan os períodos de vacacións e non se cobren as mesmas ou, por exemplo, nos casos de cobertura por baixas”, criticou Pérez.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...