InicioSucesosDetido en Mos con 26 doses de heroína preparadas para a venda

Detido en Mos con 26 doses de heroína preparadas para a venda

A Policía Local interceptou o home, de 49 anos, tras sorprendelo en actitude sospeitosa xunto a outra persoa; levaba tamén 210 euros en efectivo, dúas navallas e útiles para o consumo de droga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Mos detiveron un home de 49 anos como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, tras atopalo con 26 doses de heroína preparadas para a súa venda. Os feitos aconteceron na tarde deste martes, cando unha patrulla observou dúas persoas debaixo dun lavadoiro na estrada entre O Porriño e Redondela, nunha actitude sospeitosa.

Ao decatarse da presenza policial, ambas se separaron rapidamente, polo que os axentes procederon a identificalas e a comprobar as súas pertenzas. Nun envoltorio de plástico que levaba unha delas, os policías atoparon 24 doses de heroína envoltas en papel de aluminio, ás que se sumaron outras dúas doses localizadas noutros dous envoltorios. Segundo informou a Policía Local, a substancia xa estaba preparada para a súa venda por doses.

Os axentes tamén lle interviñeron 210 euros en efectivo, distribuídos en billetes de 50, 20 e 10 euros; un teléfono móbil; dúas navallas; e dúas “pipas” para o consumo de droga. A segunda persoa identificada manifestou que era consumidora de estupefacientes. Os policías comprobaron que non levaba droga enriba e que unicamente portaba útiles para o seu consumo.

OUTRO DETIDO POR UNHA ORDE XUDICIAL

Doutra banda, a Policía Local de Mos, en colaboración coa Garda Civil, detivo este mércores pola mañá un home de 34 anos sobre o que pesaba unha orde xudicial de busca, detención e presentación emitida por un xulgado de Oviedo, en Asturias. A Policía Local recibiu un aviso da Garda Civil e desprazouse até un establecemento de Mos, onde localizou e detivo o home. Posteriormente, foi trasladado a dependencias policiais para a práctica das dilixencias correspondentes e, a continuación, entregado á Garda Civil.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...