InicioDeportesIñaki Williams pode cun Celta débil en Balaídos

Iñaki Williams pode cun Celta débil en Balaídos

O Celta de Miguel Cardoso non termina de ofrecer boas sensacións aos siareiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Hai unhas tempadas fixérase moi común o termo “messidependencia”, ou “cristianodependencia”. Pero quizais non exista na Liga Santander dependencia como a do Celta con Aspas. Sen el, non é xa que falte gol, son a garra e a veteranía o que se botan en falta. De feito, nesta tempada non se gañou un partido sen o “Messi das bateas” na cancha.

Así, o xogador moañés, lesionado, vía desde o palco como o Athletic saía de postos de descenso a costa de devorar aos vigueses. Os vascos estaban nunha dinámica negativa e cambiou ao substituír a Berizzo. Pero no Celta coa saída de Mohammed as cousas non se enderezaron.

Aspas no Celta- Eibar/ Liga Santander

O Athletic nunca descendeu a segunda división en toda a súa historia e coa dinámica positiva que está atravesando pode que termine por salvarse de novo. Ou pode que non. Porque a Liga española, este ano si, está demostrando ser a mellor do mundo.

Nada decidido, calquera pode gañar a calquera, e a gran maioría da táboa clasificatoria amosa unha igualdade inaudita entre os equipos. Así, o Celta ten a oportunidade de enderezar o seu rumbo e chegar a Europa, o obxectivo soñado. Ou descender. Ou facelo o Bilbao, que hoxe foi moi superior.

De feito, o que máis separa ao Celta da Europa League é esa sensación de debilidade, máis que os puntos. Débil foi o equipo cando pareceu case que ‘renunciar’ á Copa e débil foi este luns en Balaídos.

Un partido morno dos celestes, que comezou con golpes en cada área, igualado, pero foi unha ilusión porque cando os de Bilbao perforaron a rede celeste por primeira vez xa comezaron a dominar de forma incontestable a situación, e nunca deu a sensación o Celta de poder gañar o partido.

O Celta loitou, intentouno e houbo boas accións de xogadores como Maxi ou Boufal, pero é que ao Bilbao parecía non costarlle nada. O primeiro gol dos visitantes foi unha contra de cinco pases, o segundo directamente un saque do porteiro que atopou despistada á defensa do Celta, Williams cazou o balón e marcou. Así é o fútbol.

A velocidade do atacante do Bilbao, case un velocista, foi desta vez demasiado para a defensa viguesa. As súas poderosas zancadas foron protagonistas en cada gol.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...