InicioSucesosA Policía Nacional investiga a aparición dun home morto xunto a unha...

A Policía Nacional investiga a aparición dun home morto xunto a unha nave industrial en Vigo

O cadáver foi localizado na mañá deste luns na zona de San Paio de Navia, nas proximidades dun polígono industrial, despois do aviso dun particular ao servizo de emerxencias

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home cuxo cadáver foi localizado na mañá deste luns nas proximidades dunha nave industrial de Vigo, segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.

O corpo apareceu na zona de San Paio de Navia, na contorna dun polígono industrial. Un particular foi quen alertou os servizos de emerxencias despois de atopar o cadáver á beira dunha das naves.

O aviso chegou ao 112 Galicia pasadas as 8.00 horas. Desde o centro de emerxencias informouse dos feitos á Policía Nacional e á Policía Local de Vigo, ademais de mobilizar a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Fontes da Policía Nacional explicaron posteriormente que, nunha primeira inspección, o cadáver non presenta aparentes signos de violencia.

Ata o lugar desprazáronse tamén efectivos da Policía Científica, que traballan na identificación do home e nas actuacións necesarias para recoller información que permita avanzar no esclarecemento do sucedido.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...