InicioSociedadeO BNG censura os "cálculos electoralistas" de PSOE e PP cos fondos...

O BNG censura os “cálculos electoralistas” de PSOE e PP cos fondos da Deputación

Por iso, pediu a Caballero e a Sánchez que "deixen de xogar" coma se eses fondos fosen "seus".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo acusou este xoves a PSOE e PP de “pór en risco” os investimentos da Deputación na cidade por “cálculos electoralistas”, e cualificou de “irresponsables” as disputas entre o alcalde, Abel Caballero, e a vicepresidenta provincial (e líder do PP vigués), Luisa Sánchez. O portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, esixiu que se acorde de inmediato o convenio para 2027 e sinalou que non se pode tolerar un “intento de secuestro” dos fondos provinciais, no marco da “pelexa permanente” entre ambas as institucións, na que “acaban perdendo sempre” os vigueses.

Por iso, pediu a Caballero e a Sánchez que “deixen de xogar” coma se eses fondos fosen “seus”, e subliñou que é “diñeiro dos vigueses e viguesas que debe destinarse a atender as necesidades de infraestruturas e dotacións da cidade”. Por outra banda, o BNG tamén reclamou que se incrementen eses recursos, tras “moitos anos conxelados”, e “pór fin ao sinsentido de que municipios de menos de 15.000 habitantes poidan recibir máis recursos que a maior cidade galega”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...