O Concello de Redondela lanzou unha mensaxe a través das súas redes sociais para pedir a colaboración dos cidadáns co fin de poder identificar o autor ou autores da desfeita dunha randeeira instalada no miradoiro de Outeiro Grande.
A randeeira apareceu vandalizado tras a eclipse do pasado 12 de agosto, e os danos fan que quedase inservible. Trátase dun elemento instalado na zona do Viso en 2023 e situado nun alto que permite gozar das vistas da Enseada de San Simón, da ponte de Rande e da Ría de Vigo.
A viga superior de madeira apareceu partida pola metade e o Concello lamentou que “uns poucos” decidisen “cargar contra os espazos públicos e a natureza”. “O incivismo cústanos caro a todos os veciños. O patrimonio público respéctase”, trasladou o consistorio, que lembrou que o coidado deses espazos é “obrigación de todos”.
Por todo iso, fixo un chamamento a posibles testemuñas e pediu que quen teña información contacte coa Policía Local ou co propio Concello para “dar cos autores desta desfeita”.
