InicioCulturaO Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos...

O Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos deportivos e o concerto de L0rna

PUBLICADO O

- Advertisement -

A 26ª edición do festival de deportes e música urbana O Marisquiño chega ao seu fin este domingo co “Finals Day”, que poñerá o ramo a estes catro días cunha xornada decisiva para a maioría dos títulos deportivos, a final ibérica do campionato de DJs DMC e as actuacións de Fresquito y Mango, West Srk e L0rna, entre outros. Ao longo do día, decidiranse os títulos de Skate Street, Basket 3×3, Adaptive Skate, Adaptive BMX, Breaking e Flatland, ademais dos agardados Best Trick de Skate e BMX. Así mesmo, o Big Air e o FMX ofrecerán unha nova exhibición aérea na praia de Samil, que acolle o evento.

Pola súa banda, o escenario de La Plaza acollerá por primeira vez en O Marisquiño a final ibérica de DMC, a competición máis prestixiosa e influente do mundo para DJs e turntablists, entendida esta disciplina como o uso dos pratos e da mesa como un instrumento musical. Deste xeito, os mellores de España e Portugal competirán desde as 13.00 horas por unha praza para o Mundial de Londres.

ÚLTIMO DÍA DE CONCERTOS

Ademais, a programación musical despedirá esta XXVI edición con concertos como o de L0rna (02.15 horas), que levará ao escenario SON Estrella Galicia a súa proposta de rap atravesada por outras influencias da electrónica e o reguetón e coa que está a despuntar no urbano estatal, con temas como “La sacapuntas”.

Antes, nese mesmo escenario subirán a partir das 22.30 horas CANDi, Fresquito y Mango e o vigués West Srk, que recentemente publicou o seu último EP, “Atlántico”. A música tamén continuará en La Plaza, coas sesións de Rei Tier, bb.wav b2b Mahia e a portuguesa Violet, mentres que o escenario Oasis pechará a fin de semana con Nahno Selectah, Chalart58 & Matah e Píntega. Do mesmo xeito, o escenario Sunset seguirá acompañando o ambiente do Village ata o final da xornada.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...