InicioSociedadeA UVigo cobre xa o 90 % das prazas de grao para...

A UVigo cobre xa o 90 % das prazas de grao para o curso 2026-2027

A nova reitora, Carmen García Mateo, confirma que a institución pechou o 75 % das súas titulacións e encarga dous informes para coñecer a situación económico-financeira da UVigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A nova reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, confirmou que a institución académica xa cubriu o 90 % das prazas de grao ofertadas para o próximo curso 2026-2027, pechando ao tempo o 75 % das súas titulacións. Así o sinalou durante a sesión constitutiva e a sesión ordinaria do Consello de Goberno da institución, co novo equipo de goberno tomando as rendas da Universidade este xoves.

En concreto, segundo recolle o Diario da Universidade (DUVI), a xornada comezou cunha breve reunión extraordinaria que serviu para definir a composición do novo Consello de Goberno, integrado por 59 membros. O órgano está presidido pola reitora e conta tamén coa secretaria xeral, Emma Rodríguez; a xerenta, Ana Comesaña; e os 15 membros designados pola reitora. Entre estes últimos figuran, ademais dos dez vicerreitores, os PDI Elena Alonso, Javier Hervés, Virxilio Rodríguez e Elsa Vázquez, así como o PTXAS Rafael Ameneiro.

A eles súmanse os 20 membros elixidos polo Claustro na sesión da pasada semana —dez PDI, oito estudantes e dous PTXAS— e outros 15 membros elixidos tamén polo Claustro entre as persoas que desempeñan a dirección dos centros e das unidades docentes e de I+D+i. Completa o Consello de Goberno a presenza de tres membros do Consello Social alleos á comunidade universitaria: Xulio Calviño, María Elvira Larriba e Ernesto Pedrosa. Tamén se recolle a presenza, con voz pero sen voto, de tres representantes sindicais: Miguel Cuevas, Marta Pazos e José Manuel García Eirín.

TRANSICIÓN “ORDENADA E SEN SOBRESALTOS”

No seu primeiro informe ante o Consello de Goberno, a reitora indicou que a transición do anterior equipo ao novo segue a desenvolverse “de forma ordenada e sen sobresaltos”. García Mateo agarda que este proceso remate a finais de setembro. No relativo ao proceso de matrícula nos graos ofertados pola UVigo, confirmou que na actualidade, co terceiro chamamento en marcha, das 3.374 prazas ofertadas un 90 % xa están cubertas. Isto deixa arredor de 370 prazas dispoñibles, mentres que a Universidade xa pechou o 75 % das matrículas.

EXCESO DE MATRÍCULA EN ENXEÑARÍA INDUSTRIAL E CIENCIA DA EDUCACIÓN E DO DEPORTE

Ao respecto, o director da Escola de Enxeñaría Industrial, José Fariña, advertiu do exceso de matrícula no centro, con 60 estudantes por riba das prazas ofertadas. Unha situación semellante prodúcese na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, onde se supera a oferta nun 19 %. Noutra orde de cousas, a reitora informou de que encargou dous informes sobre a situación económico-financeira da institución. O obxectivo é coñecer con detalle o estado das contas da UVigo para afrontar as negociacións do novo Plan de Financiamento

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...