InicioSucesosFalece unha muller tras caer nun pozo en Vigo

Falece unha muller tras caer nun pozo en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller perdeu a vida este mércores tras sufrir unha caída nun pozo no Camiño da Devesa, na parroquia viguesa de Saiáns. Segundo indicaron os axentes da Policía Nacional ao 112, as primeiras hipóteses apuntan a que a muller realizaba tarefas de limpeza no pozo cando caeu sobre o botón do sistema automático de subida e baixada do caldeiro e recibiu unha descarga eléctrica que lle provocou o falecemento.

Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen, sobre as 17.50 horas, solicitou axuda ao 112 Galicia para sacar á muller, que se precipitou ao pozo e non podía sacala porque se había electrocutado. A continuación, un particular informaba á central de emerxencias de que xa lograran sacar á vítima do interior do pozo e que a estaban reanimando, pero finalmente nada puideron facer por salvarlle a vida.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...