InicioSociedadeO primeiro banco nacional de area atópase no Centro de Investigación Mariña...

O primeiro banco nacional de area atópase no Centro de Investigación Mariña da UVigo

Segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), o banco conta xa con máis de 130 mostras procedentes de praias de toda a península ibérica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo (UVigo) constituíu o primeiro banco nacional de area de praia de España, no marco do proxecto Iberarenu, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (Fecyt). Segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), o banco conta xa con máis de 130 mostras procedentes de praias de toda a península ibérica, recollidas pola cidadanía seguindo unhas instrucións facilitadas polo equipo investigador e enviadas posteriormente á UVigo para a súa catalogación e análise.

A idea é que Iberareum non teña “data de caducidade”, xa que o obxectivo do CIM é que o banco de area siga crecendo ao longo do tempo, reunindo novas mostras e analizándoas con fondos propios do Centro. “Involucrar á sociedade no proceso científico é unha poderosa ferramenta para dar a coñecer o medio mariño e a importancia de conservalo. As praias son ecosistemas en constante cambio debido a factores como o clima ou as características xeolóxicas da súa contorna e analizar a area axúdanos a comprender a súa evolución, os impactos do cambio climático e permite mellorar a xestión sustentable dos recursos costeiros”, reivindicou o director do CIM, Daniel Rei.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...