InicioVigo e contornaVigoCasco Vello de Vigo planifica reformar seis edificios con 20 vivendas de...

Casco Vello de Vigo planifica reformar seis edificios con 20 vivendas de protección autonómica

Ademais, na rúa Real 20 xa están en marcha os trámites para outras seis vivendas e en Peñasco 5 para dúas máis, indica a Xunta nun comunicado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio Casco Vello de Vigo anunciou que planifica xa a reforma doutro seis edificios cunha vintena de vivendas de protección autonómica.

Así, a delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, Ana Ortiz, asistiu este luns ao consello de administración da entidade, no que se aprobaron as contas anuais para 2026.

En concreto, Ortiz indicou que o Casco Vello xa traballa con catro novos proxectos para rehabilitar inmobles en mal estado na parte baixa do centro histórico da cidade: nos números 7, 9, 25 e 27 da Ribeira do Berbés, onde se construirán ata 12 novas vivendas.

“O traballo feito durante os últimos 20 anos para a recuperación do barrio histórico vai ter continuidade, porque o noso compromiso é firme e imos seguir nesta liña para que o Casco Vello teña unha rehabilitación integral no menor tempo posible e tamén achegue novas vivendas para os veciños“, engadiu Ortiz.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...