InicioSociedadeMaría del Carmen Cabeza, catedrática da UVigo, é nomeada nova presidenta da...

María del Carmen Cabeza, catedrática da UVigo, é nomeada nova presidenta da CIUG

Esta é unha responsabilidade rotatoria que actualmente corresponde á universidade viguesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A catedrática do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo María del Carmen Cabeza Pereiro é a nova delegada da reitora da UVigo na Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), así como a nova presidenta do organismo, xa que se trata dunha responsabilidade rotatoria que actualmente corresponde á universidade viguesa.

Co seu nomeamento, asinado este venres pola nova reitora da Uvigo, Carmen García Mateo, substitúe ao catedrático Iván Area, cuxo mandato terminou a semana pasada polo cambio no Reitorado da UVigo. “Como nova delegada comprométome a traballar para que a universidade pública galega siga sendo unha porta aberta ás oportunidades de estudo e formación nos nosos campus, en condicións de igualdade e fiabilidade”, aseverou Cabeza.

Ademais, insistiu en que “existe unha estrutura moi profesional e experimentada ao redor da CIUG que non defraudará as expectativas da sociedade galega“. A UVigo detallou que a profesora Cabeza, catedrática de Lingüística Xeral, centra a súa investigación e docencia no estudo da linguaxe de acenos, que abarca fundamentalmente cuestións de gramática e discurso.

Tamén conta con experiencia en xestión, sendo vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantil no goberno de Alberto Gago (2006-2010), entre outros cargos. Neste contexto, o nomeamento de Cabeza prodúcese poucos días antes da convocatoria extraordinaria da PAU, que terá lugar entre o martes 30 e o xoves 2 de xullo. Ademais, este xoves pechouse o primeiro período de preinscrición para a convocatoria ordinaria, e a primeira convocatoria para a inscrición ordinaria realizarase os días 8 e 9 de xullo.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...