InicioPolíticaO BNG pide “rectificar” as bases das axudas municipais para asociacións sen...

O BNG pide “rectificar” as bases das axudas municipais para asociacións sen ánimo de lucro

Así, o grupo nacionalista anunciou a presentación dun recurso de reposición para modificar esas bases.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reclamou ao goberno local “rectificar” as bases das axudas municipais destinadas a asociacións e entidades locais sen ánimo de lucro destinadas á contratación de persoal, xa que as condicións dificultan que ditas entidades poidan levar a cabo os proxectos. Así, o grupo nacionalista anunciou a presentación dun recurso de reposición para modificar esas bases, ante a falta de resposta do goberno local ás reivindicacións xa trasladadas na Comisión Informativa de Emprego.

Dese modo, o BNG solicita alongar os custos de persoal subvencionable de 9 a 12 meses, que se subvencione o 100 por 100 do persoal consolidado xa contratado en anteriores convocatorias, que se dea apoio económico para o persoal de estrutura, auméntense o importe para afrontar gastos de xestión e establézase un sistema de pagos fraccionados para non “afogar” ás asociacións. Ademais, tamén pide que se garanta o cumprimento dos convenios colectivos e favorézase a contratación indefinida.

“Tal e como están redactadas as bases, non serve para garantir o obxectivo que din perseguir, que é crear e consolidar emprego estable e de calidade”, advertiu o portavoz do grupo, Xabier Pérez Igrexas. Tras lembrar o “papel fundamental” destas entidades, o edil nacionalista sinalou que, ademais do persoal voluntario “comprometido e xeneroso”, tamén necesitan profesionais contratados para levar a cabos os seus proxectos e actividades, e o Concello “ten a responsabilidade de apoialas de maneira eficaz e coherente”.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...