InicioSociedadeRevive en vídeo a maior cabalgata da historia de Vigo: Melchor, Gaspar,...

Revive en vídeo a maior cabalgata da historia de Vigo: Melchor, Gaspar, Baltasar e Caballero

O alcalde de Vigo foi de novo protagonista na cabalgata de reis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este Nadal, Vigo está a romper tódolos récords. A falta de datos oficiais da cabalgata deste sábado, as sensacións son as dun espectacular cheo nunca antes visto nun evento desta tipoloxía. Miles de nenos, nenas e por suposto tamén adultos acudiron a centro de Vigo para saudar aos Reis Magos e recibir caramelos.

 

Pero, por suposto, o principal Rei Mago da noite foi Abel Caballero, vitoreado pola multitude en todo momento, sempre como o maior símbolo da festa, pese a todo o folclore dela. Nin dragóns nin nada, o protagonista foi sempre el.

 

Ás seis da tarde comezaron a marchar as vistosas carrozas, que ateigaron Vigo de luz e cor.

 

Por suposto, antes da cabalgata houbo o discurso de rigor, no que o rexedor vigués invitou aos reis a quedar en Vigo, do fermosa que é a cidade, e así aforran a viaxe para o ano que vén.

 

E aínda queda Nadal para rato na cidade. Mañá abriranse os agasallos e ata o día 13 non se apagarán as luces, noutro ‘show’ multitudinario.

ÚLTIMAS

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...