InicioPolíticaO exalcalde de Vigo, Carlos Príncipe, a quen Zapatero "botou" do PSdeG:...

O exalcalde de Vigo, Carlos Príncipe, a quen Zapatero “botou” do PSdeG: “O que busca agora é salvar o seu cú”

Lembra que foron o ex presidente e José Blanco quen o "botaron" do partido

PUBLICADO O

- Advertisement -

O exalcalde socialista de Vigo, Carlos Príncipe, asegurou hoxe que ao expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, este mércores lle puxeron “cara de (Eduardo) Zaplana ou de Juan Carlos I” cando foi declarar á Audiencia Nacional polo “caso Plus Ultra” e polas xoias intervidas no rexistro do seu despacho.

Nunha entrevista no programa “La mirada crítica” de “Telecinco”, recollida por Europa Press, o exalcalde galego comparou a posible estratexia do expresidente co resultado do “Caso Naseiro”, a trama que en 1989 salpicou o Executivo de José María Aznar e que puxo a Eduardo Zaplana no punto de mira, pero que finalmente o Supremo anulou por defectos de forma. “Claramente o que lle preocupa a Zapatero non é tranquilizar a opinión pública senón salvar o seu cu do xulgado e entón vai procurar a prescrición do delito”, aseverou Príncipe.

“A ZAPATERO CASE LLE VAN POÑER UNHA RÚA OU O NOME DUNHA SEDE”

Sobre o apoio que Moncloa lle deu ao expresidente tras a súa imputación, Carlos Príncipe aclarou que lle sorprende por que el está “na rúa” tras denunciar un caso de corrupción dunha persoa que “cobrou durante un ano diñeiro público sen ir traballar”, mentres que, segundo a súa opinión, a “Zapatero case lle van poñer unha rúa ou o nome dunha sede”.

Neste sentido, o exalcalde preguntouse se a el o tivesen respectado despois de lle atoparen un millón de euros no seu despacho. “Seguro que non”, apostilou. Ademais, Príncipe lembrou que “Zapatero e Blanco (José Blanco, exsecretario de Organización do PSOE) fixeron unha norma” para botalo en 2015 como candidato tras denunciar a suposta corrupción dalgúns membros da alcaldía e que “despois non deixaron facer nunca máis primarias en Vigo”.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...