InicioVal MiñorBaionaA Xunta inaugura un mural de Lula Goce no espigón de Baiona...

A Xunta inaugura un mural de Lula Goce no espigón de Baiona como exemplo de arte pública

Os conselleiros José López Campos e Marta Villaverde salientan que a intervención culmina unha reforma de 330.000 euros no peirao de A Doca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, participaron este xoves na inauguración da pintura mural no espigón de A Doca, no municipio de Baiona. A obra, realizada pola recoñecida artista Lula Goce, foi posta como exemplo por parte da Xunta de Galicia de “promoción da arte en espazos públicos” para “fomentar a dinamización e a participación cultural”.

Deste xeito, o titular de Cultura do Goberno galego salientou que estas intervencións artísticas “non só embelecen os contornos urbanos, senón que revitalizan cultural e socialmente”. Nesa liña, López Campos puxo en valor a arte urbana como “base da transformación” dos municipios, ao promover “a cohesión social, favorecer o diálogo comunitario e favorecer unha participación cidadá activa e comprometida”. Ao fío diso, celebrou estas propostas nas que a arte sae á rúa e propicia o achegamento de distintos públicos, un obxectivo que, segundo apuntou, está na base da Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia.

MELLORAS NO MUELLE

Pola súa banda, a conselleira do Mar destacou que esta pintura mural de Lula Goce sitúase nun espazo que “forma parte da vida cotiá da veciñanza de Baiona, un lugar de encontro, de paseo, de conversa e de goce á beira do mar”.

Ademais, Villaverde sinalou que a intervención supón o “culme” da inversión de 330.000 euros realizada para mellorar este peirao. Con este investimento preténdese “convertelo nun punto de referencia cultural e turístico, promovendo o coñecemento da tradición pesqueira e a conservación do entorno mariño”. A actuación de remodelación é froito dun convenio de colaboración entre o organismo público Portos de Galicia, o Concello de Baiona e a Fundación Sabadell.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...