InicioVigo e contornaVigoDous mozos serán xulgados en Vigo por golpear e humillar unha persoa...

Dous mozos serán xulgados en Vigo por golpear e humillar unha persoa sen teito no Calvario

A Fiscalía pide un ano de prisión para cada acusado por un delito contra a dignidade por motivos discriminatorios e reclama indemnizacións polos danos causados á vítima

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá o próximo martes, 9 de xuño, o xuízo contra dous mozos acusados de agredir e humillar unha persoa sen teito que durmía na contorna do Calvario, na cidade olívica.

O Ministerio Fiscal solicita para cada un dos procesados un ano de prisión e unha multa superior aos mil euros como presuntos autores dun delito contra a dignidade por motivos discriminatorios. Ademais, para un deles reclama tamén unha multa de 360 euros por un delito leve de lesións.

Segundo recolle o escrito da Fiscalía, os feitos producíronse en marzo de 2025, cando a vítima, que carecía de vivenda, se atopaba durmindo nunhas escaleiras da zona do Calvario. O home estaba abrigado no lugar cando os dous acusados, acompañados por outros amigos menores de idade, se achegaron a el.

A acusación pública sostén que os procesados actuaron “guiados pola intención de humillalo e denigralo”. Nese contexto, comezaron a rir da vítima, escupíronlle e lanzáronlle moedas con forza mentres gravaban os feitos con teléfonos móbiles.

Durante o episodio, segundo o relato fiscal, os participantes chegaron a dicir: “aquí só hai yonkis”. A Fiscalía considera que estes feitos encaixan nun comportamento de carácter discriminatorio dirixido contra unha persoa en situación de vulnerabilidade pola súa falta de vivenda.

Nalgún momento, a vítima espertou e tentou facer fronte ao grupo. Foi entón cando os mozos fuxiron do lugar. Porén, un dos acusados regresou cara ao home e, segundo o escrito de acusación, propinoulle dous puñazos na cabeza.

A FISCALÍA RECLAMA INDEMNIZACIÓNS POR DANOS MORAIS

Ademais das penas de prisión e multa, o Ministerio Fiscal solicita que o acusado que supostamente golpeou a vítima indemnice o home con 350 euros polos días de curación derivados das lesións.

A acusación tamén pide que ambos os dous procesados aboen de forma conxunta 2.000 euros en concepto de danos morais causados á persoa agredida. O xuízo celebrarase na Audiencia Provincial de Pontevedra, na súa sección con sede en Vigo.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...