InicioMedio Ambiente e PatrimonioOfrecen 1.000 euros de recompensa para quen descubra quen atou e tiroteou...

Ofrecen 1.000 euros de recompensa para quen descubra quen atou e tiroteou a unha cadela en Baiona

Hai menos dun ano, quemaron un gato cun soplete no mesmo concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber pediron este venres a “máxima colaboración cidadá” para que a Garda Civil poida resolver a morte a tiros dunha cadela no municipio pontevedrés de Baiona, que apareceu, ademais, coas patas atadas. Para iso, ofrecen unha recompensa de 1.000 euros para quen poida dar información sobre este crime.

Os colectivos sosteñen que alguén tivo que ver como levaban ao animal do coñecido barrio de Fontes, onde os veciños a alimentaban, dado o seu tamaño; ou o traslado do cadáver cara á zona afastada do núcleo urbano e de difícil acceso na que foi atopado, o que evidencia a “clara intencionalidade por ocultar o caso de malos tratos animais”.

As asociacións indican que a totalidade dos casos similares que ocorreron durante 2018 “seguen sen datos que posibiliten practicar detencións por posibles delitos de malos tratos animais”, polo que reclaman a colaboración cidadá.

Neste sentido, as entidades recordaron, como exemplo, outro caso ocorrido fai menos dun ano tamén en Baiona, no que un gato foi queimado cun soplete. Nese caso, as organizacións en defensa dos animais ofreceron idéntica compensación económica, pero aínda non hai datos sobre o autor destes malos tratos.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...