InicioSociedadeO líder da rede que meteu 650 quilos de cocaína por Vigo...

O líder da rede que meteu 650 quilos de cocaína por Vigo quería o “monopolio” da droga no porto

Un axente encuberto declarou na Audiencia de Pontevedra que o cabecilla da organización estaba “obsesionado” con controlar a entrada de cocaína pola terminal viguesa e que “non quería que ninguén se lle adiantase”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cabecilla da organización criminal asentada en Málaga que introduciu 650 quilos de cocaína polo porto de Vigo en abril de 2023 estaba “obsesionado” con facerse co monopolio da importación de droga pola terminal viguesa e “non quería que ninguén se lle adiantase”. Así o declarou o axente policial encuberto, co código ‘Encina’, como testemuña no xuízo que se celebra por estes feitos na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Este axente conseguiu gañar a confianza do xefe da organización simulando que tiña relación laboral coa actividade loxística e portuaria. Segundo explicou, encargáronlle que, xunto con persoal da súa confianza, facilitase a descarga en Vigo do contedor coa droga, camuflada entre palés de bananas, e axudase a “rescatala” para a súa posterior carga e traslado nun camión.

O PRESUNTO LÍDER, EN PARADOIRO DESCOÑECIDO

Damián G.U., considerado polos investigadores o líder desta rede, atópase en paradoiro descoñecido. Neste xuízo sentan no banco dos acusados catro dos seus homes: os tres que se desprazaron desde Málaga para recuperar a droga no porto vigués e o condutor do camión que ía transportar a cocaína ata o seu destino. A Fiscalía pide para cada un deles 12 anos de prisión e unha multa de 100 millóns de euros por un delito de tráfico de drogas cometido no seo dunha organización criminal.

ÚLTIMAS

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...