InicioSociedadeBuscan a unha muller de 53 anos desaparecida en Vigo desde o...

Buscan a unha muller de 53 anos desaparecida en Vigo desde o pasado martes

A asociación SOS Desaparecidos e a Policía Nacional piden colaboración cidadá para localizar a María Milagres C.B.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición, en Vigo, de María Milagres C.B., de 53 anos de idade, da que non se sabe o seu paradoiro desde o pasado martes. Fontes de Comisaría confirmaron que a Policía Nacional xa traballa na súa localización e o colectivo fixo públicos varios datos da muller para que calquera persoa que a vise poida informar as autoridades de inmediato. Segundo a descrición facilitada, María Milagres mide 170 centímetros, pesa uns 80 quilos, ten o pelo louro, os ollos castaños e usa lentes graduadas. Un dato clave para a súa localización é que se move nun vehículo Renault Captur de cor branca, con matrícula 7545 MNM.

ÚLTIMAS

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...

Vigo celebra o Día das Letras Galegas reivindicando o idioma como símbolo de unión e respecto

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, destacou este xoves a lingua galega...