InicioMovementos SociaisTeis, en loita: "Dividiron o barrio coa AP-9, non atenden os problemas...

Teis, en loita: “Dividiron o barrio coa AP-9, non atenden os problemas de ruído e agora queren incomunicarnos”

Os veciños de Teis esixen unha alternativa se se cortan ao tráfico os pasos elevados 25 anos despois.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os veciños de Teis manifestáronse este mércores 2 de xaneiro ás 17:00 horas no camiño da Xorxa (Teis) para esixir a mellora dos pasos elevados existentes e o acceso de turismos e vehículos de emerxencia polos pasos elevados da Xorxa e a Trapa, así como negarse a ‘incomunicación’ entre os veciños, que sen estes camiños vense obligados a grandes rodeos para pasar dunha parte a outra do barrio.

E concentráronse de novo este xoves de 9 a 11. Falamos con Anxo Iglesias, secretario da Asociación de Veciños de Teis. Pedirán unha entrevista coa subdelegación de goberno de Pontevedra: “Onte (o mércores) o concelleiro de seguridade López Font falaba de que era unha cuestión de seguridade, pero o que non se pode pretender é cortar un paso sen darlle unha aternativa aos veciños”. 

Pide ao Concello que se posicione “do lado dos veciños” e presione ao Ministerio de Fomento. Todo comezou porque Fomento sinalou que estos pasos son peonís: “Se o Ministerio non quere mantelos non é o noso problema”, denuncia Iglesias. “Non estamos en contra da seguridade, pero se non son seguros que se reformen ou que nos den unha alternativa”, aclara.

“Dividouse en dous o barrio coa creación da AP-9, súbennos as peaxes, non son atendidos os problemas de ruído, e agora queren incomunicarnos. O triste é que sexamos os veciños os que teñamos que movernos, no canto das administracións”, lamenta.

Este mesmo xoves pola mañá chegaron os empregados do Concello, mais deron volta ao atoparse coa veciñanza no lugar.

Paso elevado de Teis/ Miguel Núñez

A Asociación Veciñal de Teis informou aos seus veciños de que a Concellaría de Seguridade e Mobilidade do Concello de Vigo impide a partir deste 3 de xaneiro de 2019 o paso de tráfico rodado no camiño da Xorxa e da Trapa, pasos elevados sobre a autoestrada AP9.

O Concello de Vigo tomou esta decisión logo de que a demarcación de estradas do Estado en Galicia (Ministerio de Fomento), contestara a un escrito do Concello sobre o mantemento dos pasos elevados sobre a AP9, sinalando a demarcación que estes pasos elevados son pasarelas peonís.

Estes pasos elevados sobre o camiño da Trapa e da Xorxa, comunican ambos camiños e desde a súa construción son usados pola veciñanza como paso peonil e de turismos. “Esta medida supón un  grave prexuízo a veciñanza destes camiños e a que circula polos mesmos desde hai décadas“, subliñan desde a asociación de veciños.

Protesta dos veciños de Teis defendendo a mellora dos pasos elevados / Miguel Nuñez

“Si estas infraestruturas  presentan algún deterioro polo paso dos anos, a  decisión debe  ser reformar e mellorar estes pasos elevados, non impedir o paso de vehículos, causando molestias a veciñanza”, subliñan.

“A construción da autoestrada AP9, no seu día xa provocou graves danos a veciñanza de Teis, dividindo a parroquia, derrubando casas, eliminando camiños…”, enumeran: “e agora preténdese incomunicar a veciñanza destes camiños”.

Protesta pasos elevados autopista .
Protesta en favor dos pasos elevados da autopista / Miguel Nuñez

Desde a Asociación Veciñal de Teis manifestaron a nosa oposición a esta decisión e solicitaron por escrito a ambas administracións manter unha xuntanza urxente entre o Concello de Vigo, Demarcación de estradas do Estado e esta Asociación, para tratar a situación dos pasos elevados da AP9 no camiño da Trapa e da Xorxa.

Por último, a Asociación Veciñal de Teis, convocou unha asemblea  este venres 28 de decembro ás 18:00 horas no local da Asociación, para valorar a decisión do Concello e que medidas a tomar.

Protesta dos veciños de Teis defendendo a mellora dos pasos elevados / Miguel Nuñez

O goberno municipal de Vigo apelou a razóns de seguridade e de cumprimento da legalidade para impedir o paso de vehículos por dúas pasarelas “peonís” sobre a autoestrada AP-9 ao seu paso pola parroquia de Teis.

Protesta dos veciños de Teis defendendo a mellora dos pasos elevados / Miguel Nuñez

Así o trasladou, en declaracións aos medios, o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, quen explicou que o Concello recibiu unha comunicación do Ministerio de Fomento na que se expón que esas pasarelas (unha no Camiño dá Xorxa e outra no Camiño dá Trapa) “son peonís”, e na que se insta ao Concello a vixiar e impedir o acceso de tráfico rodado.

Protesta dos veciños de Teis defendendo a mellora dos pasos elevados / Miguel Nuñez

“O primeiro é a seguridade e o cumprimento da legalidade”, incidiu o edil, quen expresou a súa sorpresa pola reacción da Asociación de Vecinos de Teis, que convocou unha concentración na tarde deste mércores para protestar por esa medida de restrición do tráfico.

Protesta dos veciños de Teis defendendo a mellora dos pasos elevados / Miguel Nuñez

Anxo Iglesias, como secretario da asociación de veciños, recordou que os coches circulan por eses dous pasos elevados “desde que se construíu a autoestrada”, e reclamou ao Concello e a Fomento “que senten” a falar cos veciños para darlles solución a esta situación.

Protesta dos veciños de Teis defendendo a mellora dos pasos elevados / Miguel Nuñez

 

ÚLTIMAS

Caballero prevé inaugurar en 6 anos o novo túnel da A-52 e reduce o impacto a 18 vivendas en Vigo e Mos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, estimou que o novo túnel da A-52, que conectará o...

A malleira a un menor de 16 anos en Nigrán foi unha pelexa “habitual”, sen bandas involucradas

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, explicou este mércores que a malleira...

Sanidade di que o CHUVI vivirá en 2025 “un ano de gran crecemento

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, "non contempla" que o hospital Ribeira Povisa...

Validada a candidatura de Luisa Sánchez á presidencia do PP de Vigo

O Comité Organizador do Congreso local do PP de Vigo (que se celebrará o...