InicioSociedadeO PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

Luisa Sánchez critica a "morneza" do BNG por non secundar un pleno extraordinario e sinala a Caballero como "cómplice" por manter a edila

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal ‘popular’ de Vigo, Luisa Sánchez, confirmou este luns que a súa formación levará ao pleno ordinario deste mes a imputación da concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño, por un suposto delito de homicidio imprudente polo accidente mortal do Saltamontes, ocorrido en agosto de 2024. O PP expuxo a posibilidade de reclamar a celebración dun pleno extraordinario, para o que necesita un mínimo de 7 asinas pero, segundo lamentaron, o BNG “non secundou” a súa proposta.

“Este goberno non se pode escapar das súas responsabilidades políticas. Nin despachar este asunto cun audio gravado de menos de medio minuto. Desde logo, o PP de Vigo non llo vai a permitir”, advertiu Sánchez, que confirmou que os ‘populares’ levarán a cuestión ao pleno ordinario a través dunha moción que terá que debaterse “si ou si”. A proposta do PP para o pleno monográfico articulábase en catro puntos: pedir o cesamento da edila imputada, instar o alcalde a “dar explicacións”, crear unha comisión de investigación e trasladar á familia do mozo falecido na atracción, Iván C.H., as condolencias de toda a Corporación.

“De todo isto, que lle pode xerar dúbidas ao Bloque? A súa morneza é incomprensible”, aseverou Luisa Sánchez, que reiterou que a situación procesual da concelleira de Seguridade “é un feito de enorme gravidade e sen precedentes” en Vigo. Para a líder do PP, a decisión de Abel Caballero de manter a Patricia Rodríguez no seu goberno convértelle en “cómplice” e “agrava a deterioración da imaxe do Concello”. “Vigo merece un goberno que dea a cara, merece un goberno que actúe con ejemplaridad e que non normalice situacións incompatibles coa ética pública e a transparencia institucional”, manifestou.

ÚLTIMAS

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...

Desactivada a alerta pola desaparición dunha muller: está “desorientada, pero ben”

SOS Desaparecidos desactivou a alerta pola desaparición en Vigo dunha muller, de 44 anos...