InicioEconomíaO sector do metal sae masivamente á rúa en Vigo no medio...

O sector do metal sae masivamente á rúa en Vigo no medio dun amplo dispositivo policial

Os sindicatos falan de "éxito" con centos de traballadores manifestándose.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis dun milleiro de traballadores maniféstanse polas rúas de Vigo, no primeiro día de folga convocada por CC.OO., CIG e UXT neste sector, en protesta polo bloqueo na negociación do convenio provincial do Metal, que afecta a uns 30.000 traballadores de estaleiros, auxiliares de naval e automoción, fontanaría, electricidade, e outras actividades.

Ao berro de “Convenio do Metal, Solución!”, os manifestantes, entre os que se atopaba o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, partiron da zona de Beiramar, onde se atopan os principais estaleiros da cidade, rodeados dun amplo despregamento de unidades policiais antidisturbios. Na zona de Praza de América uníronse á marcha outro grupo de traballadores e piquetes, e percorrerán o centro de Vigo ata terminar na delegación da Xunta, onde se celebrará unha asemblea.

“ÉXITO”

Antes da saída da manifestación, o responsable comarcal de CIG Industria, Xulio Fernández, destacaron que “a folga é un total éxito”, segundo a información que trasladan os piquetes e delegados dos centros de traballo da provincia. Así mesmo, instou á patronal a “abandonar o despropósito”, “deixar de impor” e “sentar a negociar de maneira leal e honrada”, para atender as “xustas” reivindicacións dun sector que, este xoves, está “a demostrar a súa fortaleza” na rúa.

Pola súa banda, o portavoz de CC.OO., Rodolfo Otero, lembrou que o acordo para o convenio non estivo lonxe pero advertiu de que os traballadores necesitan “un recoñecemento” por parte da patronal. “O que vimos esixir na rúa é dignidade, necesitamos que os traballadores sexan respectados, e se lles dea a dignidade que merecen”, proclamou, e incidiu en que este sector é moi vulnerable no que respecta á seguridade laboral, cunha industria en concreto, o naval, cun “alto risco” de accidentes. “Queremos que se recoñeza esa situación e se lle dea cobertura”, engadiu.

Mentres, Cristian González, portavoz de UGT na mesa de negociación, apuntou que “o convenio do Metal de Pontevedra sempre foi un referente“. “E hai que demostralo, tanto no salario como, sobre todo, nas condicións de traballo”, explicou. “Vemos un aumento da precariedade, cuestións como a tensión térmica, e se non o pomos en convenio, os empresarios non fan o que teñen que facer (…) pomos en risco a saúde dos traballadores”, afirmou, e trasladou a súa esperanza de que esta xornada de folga sirva para que a patronal “esperte, tómese as cousas de verdade, e que nos sentemos a negociar”.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...