InicioMovementos SociaisCadeas humanas nos colexios de Vigo este xoves para concienciar contra o...

Cadeas humanas nos colexios de Vigo este xoves para concienciar contra o acoso escolar

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e País de Alumnado de Vigo e Comarca (Foanpas) impulsa cadeas humanas nos centros educativos este xoves, día 30 de abril, para concienciar contra o acoso escolar. No marco do Día Internacional contra o Acoso Escolar, que se celebra o 2 de maio, as anpas propuxeron esta iniciativa baixo o título ‘Ser diferentes fainos grandes. A túa man é o meu escudo’.

“O acoso escolar é unha das problemáticas que máis afecta o benestar emocional dos alumnos. A escola debe ser un espazo seguro onde cada neno poida sentirse respectado, valorado e protexido”, reivindicou a Federación. Por iso, este proxecto busca lanzar unha mensaxe “clara”. “As diferenzas enriquécennos e a unión da comunidade educativa é o mellor escudo fronte ao acoso”.

Neste sentido, animan a todos os centros a realizar unha cadea humana simbólica ao redor dos centros para sensibilizar aos alumnos sobre o respecto da diversidade. Será a partir das 13.00 horas en cada colexio este xoves.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...