InicioSociedadeDetidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

A Policía Nacional desarticula un clan que obrigaba ás vítimas a xornadas de 12 horas en condicións de «acumulación extrema».

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como presuntas responsables dun entramado criminal dedicado á trata de seres humanos con fins de explotación sexual, á prostitución coactiva, a delitos contra os dereitos de cidadáns estranxeiros e á pertenza a organización criminal.

A operación, levada a cabo pola UCRIF da Comisaría de Vigo-Redondela en coordinación coa Comisaría Xeral de Extranxeiría e Fronteiras e a Fiscalía de Vigo, iniciouse o pasado ano tras varios incidentes nun “piso de citas” do centro da cidade. Entre estes sucesos figuran o falecemento dunha das mulleres que residía no lugar e a denuncia presentada por outras dúas vítimas.

Segundo relatou o Corpo nun comunicado, o pasado 24 de marzo os axentes efectuaron unha entrada no inmoble, un piso que funcionaba as 24 horas do día. Alí traballaban numerosas mulleres, na súa maioría estranxeiras e mozas, que residían de xeito permanente no lugar e estaban obrigadas a realizar xornadas nocturnas de ata 12 horas ininterrompidas, tendo que solicitar permiso incluso para descansar.

CONTROL ABSOLUTO E CONDICIÓNS INFRAHUMANAS

Durante o rexistro, os axentes constataron condicións de habitabilidade de “acumulación extrema”. Foron identificadas dez mulleres que vivían en tres habitacións reducidas con literas, dúas delas sen luz natural nin ventilación. A investigación determinou que o clan familiar exercía un “control absoluto”, apropiándose do 50% dos beneficios de cada servizo e permitindo o consumo habitual de cocaína e marihuana no interior.

No marco da intervención, realizáronse entrevistas individuais coas vítimas para garantir a súa seguridade e ofrecerlles recursos de apoio. De xeito paralelo, o Grupo de Trata de Seres Humanos da Comisaría Xeral levou a cabo actuacións en Madrid que remataron coa detención doutras dúas persoas vinculadas á rede. As tres detidas en Vigo xa foron postas a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...