InicioEconomíaA CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

UGT e CC.OO., cos que a CIG comparte a 'plataforma' de negociación, non se pronunciaron formalmente acerca da convocatoria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal da provincia de Pontevedra para o 7 de maio, ante o que consideran falta de avances na negociación do novo convenio, que atribúen á actitude da patronal. Así o trasladou o responsable de CIG Industria na comarca de Vigo, Xulio Fernández, que participou xunto a delegados e responsables de Industria do sindicato nunha concentración fronte á sede de ATRA, unha das asociacións empresariais que negocia o acordo.

As partes celebraron xa nove reunións (a próxima está prevista para este mércores) e, desde a CIG, consideran que non se están producindo avances significativos, porque a patronal segue sen ceder en cuestións que os sindicatos consideran clave, como o aumento salarial, a xornada ou as condicións nalgúns sectores, como o naval.

Xulio Fernández denunciou que “as maneiras de negociar da patornal son torticeiras” e que o único que pretende é “gañar tempo para non desenvolver un convenio que xa vai con atraso en certas cuestións”. Así, criticou que a parte empresarial “non quere falar das condicións en naval, da sinistralidade que provoca a subcontratación da subcontratación”. “Imos entregar ás patronais a convocatoria de folga para o 7 de maio, é a única maneira de avanzar. Non se pode estar a quentar a cadeira, sen pór solucións definitivas”, apuntou.

Mentres, o responsable de CIG Industria en Pontevedra, Salnés e O Deza, Anxo Lúa, remarcou que a mellora salarial ten que ser “un fundamento para avanzar”, pero a patronal quere establecer un tope á revisión e, asegurou, tampouco quere aceptar melloras en materia de condicións laborais no naval. “Vemos que nas reunións non hai avances claros (…), estamos dispostos a que nos atopen na rúa”, afirmou.

Os sindicatos UGT e CC.OO., cos que a CIG comparte a ‘plataforma’ de negociación, non se pronunciaron formalmente acerca da convocatoria, e sinalaron que esperarán para ver como se desenvolve a reunión coa patronal deste mércores.

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...