InicioDeportesA Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como "referente deportivo...

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia pon en valor o labor formativo da entidade na presentación dos actos conmemorativos de 2026.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto de presentación das actividades organizadas con motivo do 120 aniversario do Real Club Náutico de Vigo, e destacou o papel da entidade como “referente deportivo e social” da cidade olívica. Durante a súa intervención, Diego Calvo destacou o papel dinamizador do Náutico na vida da cidade, e tamén puxo en valor o traballo formativo con nenas e nenos durante varias xeracións.

Respecto diso, lembrou que ese labor estivo na orixe da traxectoria de destacados deportistas olímpicos e paralímpicos, como Tamara Echegoyen, Nicolás Rodríguez ou Martín de la Puente. O conselleiro trasladou ao club o seu parabén por estes 120 anos de historia e sinalou que 2026 será un ano “moi especial”, con numerosos actos conmemorativos, que axudarán a estreitar os lazos do Náutico coa cidadanía viguesa e co deporte galego.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...