InicioPolíticaO PP de Vigo denuncia que o goberno de Caballero aínda non...

O PP de Vigo denuncia que o goberno de Caballero aínda non cedeu a parcela para construír a Biblioteca do Estado

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo denunciou este xoves que o goberno municipal de Abel Caballero aínda non formalizou a cesión ao Ministerio de Cultura da parcela onde se debe construír a Biblioteca do Estado, tal e como se recolle nun recente informe do propio Ministerio. No documento, sinálase que o departamento dirixido por Ernest Urtasun, en concreto a Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura, solicitou en xullo de 2025 formalmente ao Concello a cesión desa parcela, “sen que ata a data se aprobase a cesión polos órganos municipais competentes”.

Ante esta constatación, a presidenta do PP vigués e portavoz municipal do grupo ‘popular’, Luisa Sánchez, cualificou como “inadmisible” a posición do goberno local, ao que lembrou que “as cesións non se fan con fotos paripé, fanse como se ten que facer, de maneira oficial”. Respecto diso, lembrou a visita de Ernest Urtasun a Vigo en xullo do ano pasado, para coñecer a parcela na que se situará a Biblioteca do Estado (na parte traseira dos antigos xulgados da rúa Lalín), e na que se anunciou o acordo entra ambas as administracións para a dita cesión.

Nesa visita, o ministro comprometeuse a licitar o proxecto construtivo ao longo de 2026, mesmo aínda que non se aprobaron os Orzamentos Xerais pero, lembrou Luisa Sánchez, “para poder facelo necesita os terreos”. “A que está a esperar o alcalde para entregalos? Ou é que Abel Caballero vai dicir aquí tamén que todo é froito dun erro na resposta?”, preguntouse a líder do PP local.

Por outra banda, tamén lembrou que hai un ano e medio, en setembro de 2024, o pleno do Concello aprobou cos votos a favor do PP e PSOE, “e a máis que cuestionable abstención do BNG”, o plan especial de infraestruturas e dotacións para a futura Biblioteca do Estado. Desde ese momento, a administración municipal estaba habilitada para tramitar a cesión dos terreos.

“Abel Caballero débelle unha explicación real e convincente á cidade. Non unha escusa nin unha patada cara adiante para gañar tempo e esconderse detrás da súa incompetencia. Porque ano e medio despois esa parcela aínda non foi cedida ao Ministerio. Repito, ano e medio despois seguimos onde estabamos, non avanzamos absolutamente nada”, constatou Luisa Sánchez.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...