InicioSociedadeAbel Caballero anuncia a aprobación da concesión directa de Balaídos ao Celta...

Abel Caballero anuncia a aprobación da concesión directa de Balaídos ao Celta por 50 anos

O goberno local de Vigo dará luz verde este venres aos pregos para o uso deportivo e comercial do estadio por un período prorrogable ata os 75 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o goberno local aprobará o vindeiro venres, día 10 de abril, os pregos e as bases do acordo de concesión directa do estadio de Balaídos ao Real Club Celta. O rexedor dixo que na próxima xunta de goberno local aprobaranse as bases desta concesión directa de usos da devandita infraestrutura deportiva. Terá un período de 50 anos prorrogable ata os 75 e a entidade celeste poderá utilizar o campo “para fins deportivos, para fins terciarios e para fins complementarios”. Abel Caballero referiuse a Balaídos como “a principal icona deportiva” de Galicia, destacando que se trata dunha “gran decisión e unha gran medida”. “Estou moi satisfeito e cando en Vigo operamos desde o diálogo e a unidade, sacamos as cousas adiante”, sentenciou.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...