InicioEconomíaAbel Caballero cifra en un millón de euros o proxecto para ampliar...

Abel Caballero cifra en un millón de euros o proxecto para ampliar a bancada de Tribuna en Balaídos

O alcalde de Vigo reclama a Xunta e Deputación que asuman a súa parte do custo para cumprir os requisitos como sede do Mundial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este mércores que a ampliación da bancada de Tribuna en Balaídos para cumprir os requisitos como sede do Mundial dispón ata agora dun anteproxecto, pero o proxecto técnico “hai que contratalo” e pode ascender a un millón de euros. En declaracións a Europa Press, o rexedor olívico insistiu en que tanto ese documento como a obra deben ser cofinanciados a tres bandas entre o Concello, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

“O proxecto da ampliación de Tribuna vale un millón de euros e teñen que pagar a terceira parte, e non queren”, proclamou Abel Caballero, quen elevou a estimación do custo ata o millón e medio de euros noutras declaracións. Cuestionado polos prazos, o alcalde asegurou que a cidade “vai en tempo” e lembrou que xa se comezou a tramitar o traslado dos colectores, unha actuación necesaria previa á ampliación que levará uns seis meses de traballo. Segundo o rexedor, a negativa das outras administracións responde a un intento de que Vigo non chegue a tempo á candidatura.

“PRESIÓN POLÍTICA” ANTES DOUTRAS MEDIDAS

Acerca da exclusión da candidatura viguesa na listaxe de sedes da RFEF, o alcalde reiterou que non descarta acudir á vía xudicial, aínda que polo momento a estratexia céntrase na “presión política”. Caballero sinalou a existencia de axentes “antiVigo” que, ao seu xuízo, bloquean a sede, citando directamente á Xunta, á Federación Española e ao PP local, ademais de criticar ao BNG por non pronunciarse a favor do proxecto. “Está a haber un acoso contra Vigo”, advertiu o rexedor.

Finalmente, Abel Caballero insistiu en que o proxecto de Vigo “está en marcha” e avanza máis rápido que outros, a pesar de que a Xunta e a Deputación non queiran achegar fondos. Tamén denunciou que a RFEF se nega a enviar á FIFA a proposta viguesa e alertou de posibles manobras para favorecer a final no Bernabéu a cambio de recortar o número de sedes totais no estado.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...