InicioSociedadeO BNG de Vigo pide a Aena que desista da torre de...

O BNG de Vigo pide a Aena que desista da torre de control remota en Peinador

Xabier Pérez Igrexas advirte de que este sistema é unha “temeridade” que pode poñer en cuestión a seguridade aérea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reclamou este martes a Aena que desista da implantación da torre de control remota no aeroporto de Peinador, ao considerar que o seu uso supón unha “auténtica temeridade” que podería poñer en cuestión a seguridade aérea. Así o manifestou o portavoz municipal do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, quen advertiu de que a terminal viguesa “non pode ser un laboratorio de probas cun modelo máis barato e precario”. Segundo explicou, o sistema que pretende implantar Aena consistiría en xestionar o tráfico aéreo desde unha torre remota situada nun soto, sen visibilidade directa sobre a pista e sen unha visión completa de 360 graos do aeroporto.

ADVERTENCIAS DO SECTOR

O edil nacionalista lembrou que estas preocupacións tamén foron expresadas por profesionais do sector aeronáutico, que levan tempo advertindo de que a presenza física na torre de control e a visibilidade directa da pista son elementos fundamentais para garantir a seguridade. Estas circunstancias, segundo subliñou Igrexas, son especialmente relevantes nun aeroporto como o de Vigo, caracterizado por condicións meteorolóxicas complexas.

CRÍTICAS POR PRIORIZAR O AFORRO DE CUSTOS

Para o portavoz do BNG, a decisión responde a unha estratexia de abaratamento de custos que podería implicar unha redución das garantías operativas. “O que se pretende é abaratar custos reducindo garantías, ignorando o criterio técnico e o interese da cidade”, denunciou.

RECLAMAN MANTER A TORRE FÍSICA

Ante esta situación, o BNG esixe que o tráfico aéreo de Peinador se xestione integramente desde a torre de control física, en todos os horarios e sen recorrer a sistemas remotos. “Peinador non é un aeroporto de segunda, e non imos permitir que se utilice como banco de probas para decisións que poden afectar á seguridade”, concluíu Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...