InicioSociedadeAbel Caballero presenta 'ViveVigo', o programa municipal para mobilizar 13.000 vivendas baleiras...

Abel Caballero presenta ‘ViveVigo’, o programa municipal para mobilizar 13.000 vivendas baleiras no mercado do aluguer

O Concello actuará como avalista garantindo o cobro aos propietarios e limitando o prezo aos inquilinos ao 30% dos seus ingresos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres ‘ViveVigo’, un programa municipal de intermediación no mercado do aluguer que ten como obxectivo final facilitar o acceso á vivenda na cidade. A iniciativa busca mobilizar parte das 13.000 vivendas baleiras que, segundo os datos do Concello, existen actualmente no municipio, integrándoas nunha bolsa de aluguer a prezos alcanzables.

O proxecto, dotado inicialmente con 700.000 euros, actúa como unha “dobre garantía” para as partes implicadas. Por unha banda, o Concello garante aos propietarios o cobro puntual da renda —estean ou non os inmobles alugados— e a devolución da vivenda nas mesmas condicións ao finalizar o período de cesión de cinco anos. Pola outra, os inquilinos non terán que dedicar máis do 30% dos seus ingresos ao pago do aluguer, sendo a administración municipal a encargada de achegar a parte restante do prezo acordado caso se supere ese limiar.

EXECUCIÓN INMEDIATA E TRANSPARENCIA

O rexedor destacou que esta é unha solución de execución “inmediata”, contrapóndoa aos longos prazos que require a construción de vivendas de nova planta. Segundo explicou Caballero, o Concello comezará a abonar as rendas pactadas desde o mesmo momento en que se firme o contrato cos propietarios.

O proceso abrirase cunha dobre convocatoria: por un lado, a captación de vivendas para o “banco de aluguer” e, por outro, a apertura dun rexistro para potenciais arrendatarios, que deberán ser residentes en Vigo. O alcalde cualificou o mecanismo como “transparente” e reitera que o obxectivo é aumentar a oferta de vivenda residencial a curto prazo para apoiar ás familias con dificultades de acceso ao mercado libre.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...