InicioCulturaChayanne actuará o 30 de xullo no auditorio de Castrelos de Vigo

Chayanne actuará o 30 de xullo no auditorio de Castrelos de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Chayanne é o segundo artista confirmado para os concertos deste verán no auditorio de Castrelos de Vigo. A súa actuación, prevista para o xoves 30 de xullo, súmase á xa anunciada do grupo Viva Suecia.

“Tivemos miles e miles de peticións para traer a Chayanne. E eu dixen: ‘Se mo pide a xente de Vigo, pois ten que vir'”, anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun vídeo difundido nas súas redes sociais. O rexedor desprazouse ao propio auditorio natural, que todos os veráns acolle unha decena de concertos entre xullo e agosto.

O portorriqueño conta con millóns de escoitas en plataformas dixitais, con éxitos como ‘Torero’ e ‘Salomé’ e outros máis recentes, como ‘Bailando Bachata’, incluída no seu último álbum, ‘Bailemos Otra Vez’.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...