InicioDeportes"Levo ao voso equipo en espírito!"... Madonna aínda ten a camisola do...

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

PUBLICADO O

- Advertisement -

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na súa procura da camiseta que a cantante luciu no concerto de Balaídos en 1990 e confirmou que é ela quen aínda a conserva. “Esta camiseta está gardada na miña colección! Levo e represento ao voso equipo en espírito!”, publicou esta tarde a cantante no seu perfil de ‘X’. Con esta mensaxe, cumpriu o obxectivo que tiña a carta que a súa presidenta, Marián Mouriño, dirixiu á artista o pasado mércores e coa que lle preguntaba: “Tela ti?”.

A cantante recolleu a chamada do equipo despois de que, na pasada noite, o grupo SonDeSeu interpretase o clásico ‘Like a Prayer’ na previa ao partido contra o Real Madrid, unha actuación que ela mesma incluíu na súa publicación. O equipo xa reaccionou á súa resposta e dixo: “Querémoste, Madonna. Grazas por responder e por manter viva unha peza da historia do Celta”.

CARTA DE MARÍAN MOURIÑO A MADONNA

Na súa viroso carta, Mouriño pedíalle “axuda” para atopar a peza e explicáballe que o recordo da noite do 29 de xullo “segue moi vivo” entre a afección: “A túa imaxe coa nosa camiseta converteuse nun mito e forma parte desa historia do Celta que tamén se escribe fóra do terreo de xogo”.

A presidenta aseguraba que a imaxe de Madonna coa elástica celeste “comezou a brillar doutro xeito co paso dos anos” porque agora se entende mellor o que a cantante defendía entón, o que para Mouriño consiste en “cuestionar o establecido e facer fronte a quen pretende dicirche o que podes ou non podes facer”. “No club que presido, recoñecémonos nesa maneira de estar no mundo”, reflexionaba.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...